Ruta: Cadramón-Xistral-Cadramón
Cumes da Serra do Xistral
Unha camiñada de ida e volta por un espazo único, entre os dous cumes máis representativos do Xistral, para gozar das especiais características do medio e de excelentes panorámicas da serra e do seu contorno. A zona está incluída no LIC “Serra do Xistral”.