Colaboradores
                                
                                
                                Quero dedicarlle este pequeno espazo a algunhas das persoas que levan anos colaborando conmigo de distintos xeitos, como coautores nas diversas publicacións ou achegándome materiais e información que me foi moi útil.
                                
                                
                                
                                - 
                                
                                Mon Daporta Padín. Cambados. Mestre. Profesor de Primaria xubilado. Debuxante e fotógrafo da natureza por afición. Coautor de todos os meus libros e acompañante de rutas e viaxes. Autor tamén de contos infantís.
                                 
                                - 
                                
                                Manuel Núñez Pérez. Mestre. O Cebreiro. Profesor xubilado. 
Publicacións: Os ríos, A vide e o viño, O pan (Enciclopedia Temática); Árbores de Galiza, Montañas de Galiza, Augas Caídas-Fervenzas de Galiza, A costa de Galiza, Os ríos, Galiza-O Agro, Árbores de Galiza, Galiza-A Natureza, As comarcas de Galiza-patrimonio natural. Edicións A Nosa Terra. 
                                 
                                - 
                                
                                Hernando Martínez Chantada. Mestre xubilado. Ribadumia. 
Publicacións: A vide e o viño, O pan (Enciclopedia Temática), Galiza-O Agro. Edicións A Nosa Terra.
                                 
                                - 
                                
                                Lucía Leiro Lois. Cambados. Mestra, monitora de natación. Percorre os camiños a pé ou en bicicleta achegándome datos e fotos sobre rutas e lugares.
Publicacións: As comarcas de Galiza-patrimonio natural. Edicións A Nosa Terra
                                 
                                 - 
                                 
                                José Antonio López Rey. A Coruña. Doutor en Socioloxía. Profesor e investigador na Universidade de A Coruña. 
Publicacións: artigos e ensaios en revistas especializadas.
                                 
                                
                                - 
                                
                                Víctor M. Caamaño Rivas. Cambados. Licenciado en Bioloxía. Profesor do IES Francisco Asorey de Cambados. 
Publicacións: Espazos Naturais (Enciclopedia Temática), Árbores de Galiza, Montañas de Galiza, Augas Caídas-Fervenzas de Galiza, A costa de Galiza, Espazos Naturais: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Árbores de Galiza, As comarcas de Galiza- patrimonio natural, Galiza-A Natureza. Edicións A Nosa Terra. Libros de texto  de Ciencias Naturais para 1º e 2º de ESO (Galaxia), A Enseada de Umia-O Grove (Candea e CES).
                                 
                                - 
                                
                                Isaac Pontanilla Pérez.  Arcade. Licenciado en Bioloxía. Profesor do IES Francisco Asorey de Cambados.  
Publicacións: Árbores de Galicia, Montañas de Galicia, Augas Caídas-Fervenzas de Galiza, A costa de Galiza, Árbores de Galiza, As comarcas de Galiza-patrimonio natural, Galiza-A Natureza. Edicións A Nosa Terra.
                                 
                                - 
                                
                                Montserrat Prado Cores. Cambados. Mestra e licenciada en Historia. Colaboradora en diversos traballos sobre a historia de Galiza.
                                 
                                - 
                                
                                Duarte Correa Piñeiro. Vigo. Mestre e licenciado en Historia. Colaborador en diversos traballos sobre a historia de Galiza e no libro: Galiza, poboación e industria. Edicións A Nosa Terra.
                                 
                                - 
                                
                                Manuel Domínguez Rey. Cambados. Biólogo. Educador Ambiental.
Publicacións: Os incendios, As marés negras, Cadernos do Medio Ambiente: O aire, O solo, A auga, A enerxía, Os resíduos. Edicións A Nosa Terra.
                                 
                                - 
                                
                                Marta Lois Silva. Cambados. Bióloga, Educadora Ambiental.
Publicacións: Os incendios, As marés negras, Cadernos do Medio Ambiente: O aire, O solo, A auga, A enerxía, Os resíduos. Edicións A Nosa Terra.
                                 
                                - 
                                
                                Xan Colazo Pazó. Vigo. Licenciado en Economía.  
Publicacións: Augas Caídas-Fervenzas de Galiza, Árbores de Galiza, As comarcas de Galiza-patrimonio natural. Edicións A Nosa Terra.
                                 
                                - 
                                
                                Rafael Fernández Leiro. A Coruña. Licenciado en Bioloxía e fotógrafo de afición. 
Colaborador nalgúns tomos da Enciclopedia Temática e As comarcas de Galiza. Patrimonio Natural. Edicións A Nosa Terra.
                                 
                                - 
                                
                                Manuel Rico Taboada. Vilalba. Mestre xubilado. Autor de traballos sobre o medio galego, materiais didácticos e contos infantís.
Publicacións: Galicia en mapas, A pesca en Galicia (Escola Aberta); Nenos, cousas e animaliños (A Nosa Terra).
                                 
                                
                                 Isabel Horro González De Cambados desde os 8 anos. Mestra de Educación Infantil, creadora de contos para nen@s.
                                  
                                 
                                 Eulalia Planas Bacarisas Catalana e galega de adopción. Mestra de Primaria. A súa pasión é facer actividades para o emprego das TICs na Educación Primaria.