Historia da conserva en Cambados
Pequena historia da actividade conserveira en Cambados
A industria conserveira de peixe e de marisco e a súa predecesora, a salgadura, tiveron na vila de Cambados unha gran relevancia. Durante boa parte do século XX a actividade económica da vila estivo en gran medida en función da industria conserveira dado o poder dinamizador desta e a abundante man de obra que empregaba, polo menos nos primeiros tempos.