As plantas: os froitos
Os froitos e as sementes
O froito é a parte da planta formada por varias capas que envolven ás sementes. Protexe as sementes e axuda á súa dispersión. A semente é a estrutura a partir da que se propagan as plantas fanerógamas ou espermafitas. Prodúcese a partir da fecundación e maduración dun óvulo. Contén ao embrión xunto con substancias de reserva, protexidos por unha cuberta. Existen moitos tipos de froitos e sementes tendo en conta a morfoloxía, o xeito de dispersión...