Serra do Larouco
O Larouco, entre Ourense e Portugal
O Larouco é unha serra, con orientación NE-SO, de cumes suaves que van gañando altura cara ao sur. Fai de límite entre as comarcas da Limia e Verín e prolóngase cara ao sur adentrándose en Portugal.
O extremo norte da serra tamén se coñece co nome de Montes de Cualedro e Alto das Estivadas, zona de paso das vías de comunicación de Ourense a Verín.