ZEPAS de Galiza
Zonas de especial protección para as Aves en territorio galego
A Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) é unha categoría de protección de carácter europeo coa que se distinguen áreas naturais de especial relevancia para a conservación das aves, en especial as que están ameazadas de extinción. Parte da consideración de que as aves son patrimonio común de todos os países.
En Galiza hai 21 ZEPAs que son tamén Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.