Humidais da Terra Cha
Principais lagoas e humidais da Terra Cha (Lugo)
O Complexo Húmido da Terra Chá atópase na depresión central da Terra Chá (Lugo) percorrida por ríos que nacen nas Serras do Xistral, Carba e Meira e que forman parte da rede fluvial do Miño.
Está localizado integramente dentro da RESERVA DA BIOSFERA DE TERRAS DO MIÑO e na súa maior parte tamén no LIC PARGA-LADRA-TÁMOGA.