Espazos Naturais: Serra do Xistral
LIC Serra do Xistral
Inclúe as Serras da Carba, do Xistral, parte dos montes do Buio e A Toxiza e as cabeceiras dos ríos Eume, Landro, Masma, Ouro e varios afluentes do Miño. Ten un gran interese xeolóxico e ecolóxico por acoller un dos mellores conxuntos de turbeiras de Europa e especies únicas ou moi escasas e de gran valor. Unha parte da área está incluída na Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.