Espazos Naturais: Río Támega
LIC Río Támega
Inclúe o curso do río Támega ata a fronteira con Portugal e parte do curso dos seus afluentes Trez, Vilaza e Abedes, así como as veigas de Laza e Castrelo do Val e a Fraga dos Lobos. O maior interese deste espazo reside nas veigas e gándaras que se forman arredor dos ríos onde hai unha variada flora e fauna acuáticas.