Espazos Naturais: Parque Natural O Invernadeiro
Os Montes do Invernadeiro
Situado no Surleste do Macizo Central Ourensán, debaixo de Cabeza de Manzaneda. Os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena que percorren o espazo excavan profundos vales e desembocan no Camba no encoro das Portas. Ten moito interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico.