Espazos Naturais: Parque Natural Enciña da Lastra
Serra de Enciña da Lastra
Comprende a Serra da Lastra e parte do val do Sil na zona de Covas, un espazo de gran interese paisaxístico, ecolóxico e biolóxico. É unha área de transición entre as Rexións Eurosiberiana e Mediterránea. As grandes diferencias de altura, xunto coa composición das rochas, dan lugar a ambientes e ecosistemas moi diferentes e de gran interese biolóxico: mediterráneo seco na parte baixa das ladeiras e centroeuropeo frío e húmido nas partes altas, o que orixina unha diversidade vexetal sobresaínte con presenza de moitas especies únicas.