Espazos Naturais: Enseada de San Simón
LIC Enseada de San Simón
Ocupa o fondo da Ría de Vigo, ata o estreito de Rande. É unha cubeta tectónica moi colmatada de sedimentos procedentes das achegas dos ríos Verdugo-Oitabén, Rego de Tuimil e Pontenova pola parte norte e Alvedosa e Macerras na parte sur. No interior atópanse as illas de San Simón e Alvedosas. A enseada é un ecosistema cunha alta productividade biolóxica e de gran riqueza marisqueira no que hai importantes bancos de bivalvos.