Espazos Naturais: Canón do Sil
LIC Canón do Sil
Inclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Chandrexa e Pinol, e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil, unha área de características mediterráneas con precipitacións escasas e concentradas no inverno e unha gran amplitude térmica. O maior interese desta zona reside na espectaculidade das paisaxes do canón do Sil, de grande valor xeolóxico, e ecolóxico. Ten ademais un grande interese cultural.