Vigo, a costa
Litoral do concello de Vigo
O concello de Vigo está situado na banda sur da ría de Vigo. Na costa distinguimos dúas zonas: a das illas Cies, toda ela rochosa e exposta cara ao mar aberto, e con algunhas praias na parte que da á ría; e a costa continental na que, a pesar de ter case a metade da súa lonxitude ocupada por instalacións portuarias e industriais, se alternan as zonas rochosas e areosas polo que conta con numerosas praias, entre as que destaca, tanto polo seu tamaño como polas súas infraestruturas, a de Samil.
Vigo conta coa agrupación urbana máis grande de Galiza con preto de 300.000 habitantes. As principais actividade son os servizos, a industria e a pesca. Acolle un importante patrimonio cultural e conta con varios museos.