Ría de Vigo
Características: puntos de interese, paisaxe, xeoloxía, flora e fauna, cultura...
A RÍA DE VIGO ábrese entre o Cabo Home, ao norte e o Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O río principal que a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Seo de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas. É unha ría intensamente poboada e cunha grande actividade pesqueira, marisqueira, comercial e industrial.
CONCELLOS: Cangas, Moaña, Viaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona.