Ría de Ribadeo/O Eo
Unha ría compartida entre Galiza e Asturias, formada na desembocadura do río Eo
A RÍA de RIBADEO ou do EO é alongada e estreita (10 km de lonxitude e 800 m de anchura media). Ábrese aproveitando unha falla con orientación N-S entre a Punta da Cruz, en Asturias e a Illa Pancha en Ribadeo.
É unha ría case rectilínea, con algúns entrantes na parte asturiana. Está limitada por unha costa de cantís rochosos de lousas, xistos e areíscas. O curso baixo do Eo forma chairas aluviais moi planas e terrazas dando lugar a un esteiro de extensas marismas que quedan ao descuberto na baixamar.
CONCELLOS: Ribadeo (Galiza), A Veiga e Castropol (Asturias)