Porto do Son, A Costa
Litoral do concello de porto do Son
O concello de Porto do Son ocupa a cara noroeste da serra da Barbanza, na banda sur da ría de Muros e Noia. Ten unha ampla fronte costeira na que se alternan amplos areias, sistemas dunares, lagoas e cantís que acollen ecosistemas de grande interese. É un concello que vive en boa parte do mar e do turismo. Acolle un importante patrimonio natural e cultural.