O Rosal, A costa
Litoral do concello do Rosal
O concello do Rosal está situado entre o mar aberto e o Miño, cun pequeno tramo de costa. Aséntase en case toda a súa extensión no val do Tamuxe pero unha pequena parte sube o Torroso e baixa ao mar, no que ten unha fronte de algo máis de 2 km de costa no arco Miniano-duriense, na liña case recta que vai do cabo Silleiro á desembocadura do Miño, un litoral rochoso, exposto, sen apenas abrigos, que se estende entre a desembocadura do rego do Soutiño e a punta do Porto da Escuma.
A pesar da súa escasa lonxitude contén elementos de interese paisaxístico e ecolóxico.