Moaña, a costa
Litoral do concello de Moaña
O concello de Moaña está situado na banda norte da ría de Vigo. O territorio é de releve moi abrupto; cae dos cumes do Morrazo ao mar en poucos quilómetros. O litoral de Moaña ten interese paisaxístico e xeolóxico, cunha grande diversidade de rochas e formas de releve costeiro no que alternan pequenos cantís con seos e areais. Ten unha intensa ocupación.