Miño, A Costa
Litoral do concello de Miño
O litoral de Miño está formado por cantís, que reciben as ondas do mar aberto pola ampla boca da ría de Betanzos, e praias que se acollen nos seos que se forman entre as puntas. O elemento máis destacado é a praia Grande e a súa frecha na que se amorea a area coa que o mar quere pechar a saída do río Baxoi e a forza coa que a corrente do río se abre paso.