Bueu, A Costa
Litoral do concello de Bueu
O concello de Bueu está situado no extremo da banda sur da ría de Pontevedra e inclúe as illas de Ons, Onza e Centoleiro. Ten unha importante fachada costeira, o norte na ría de Pontevedra e o leste na de Aldán, cunha costa moi recortada e diversa, con zonas abrigadas e expostas, areais, praias, rochedos e cantís.
Acolle importantes valores naturais, asociados aos ecosistemas costeiros protexidos. O patrimonio cultural está representado por igrexas, pazos, cruceiros, hórreos, muíños, peiraos e embarcacións tradicionais, salgas...