Protistas
O reino protistas
Características, bioloxía, tipos, exemplos, usos, importancia... O reino Protistas, chamado tamén Protoctistas agrupa aos organismos eucariontes que non poden situarse nos reinos dos Fungos, Plantas ou Animais. Inclúe seres vivos de dificil clasificación que están emparentados cos anteriores. Algúns seguen mantendo nomes tradicionais como algas ou protozoos que non se corresponden coa clasificación actual.