Mazos e ferrerías
Mazos, machucos, ferrerías...
As ferrerías son instalacións adicadas á obtención e transformación do ferro. A ferrerías hidráulicas (mazos, machucos) utilizaban a forza da auga para mover grandes mazos cos que se traballaba o ferro, os foles para avivar o lume da fragua, as rodas de puír e afiar para rematar as ferramentas, as prensas para dar formas e os tornos para facer os mangos. En Galicia foron moi comúns noutros tempos.