Enerxía eólica: navegación a vela
Navegación a vela
A navegación a vela aproveita o empuxe do vento sobre unha superficie ampla, a vela, como motor do desprazamento. As primeiras embarcacións a vela foron construídas polos antigos exipcios, arredor do século XXX a.C. Na actualidade emprégase especialmente para embarcacións deportivas.