Biodiversidade: a protección das especies
Especies protexidas
As especies animais ou vexetais que son únicas ou corren perigo de desaparecer deben ser protexidas, para o cal é imprescindible tamén preservar os seus hábitats. Débese evitar a introducción de especies foráneas e prestar atención á situación das especies endémicas, ás que teñen unha área de distribución limitada e ás migratorias. A estas especies está prohibido matalas, danalas, molestalas, capturalas e apañar os seus ovos, crías, flores ou sementes.