Batáns
Os batáns
Un batán (chamado tamén, folón, cutián ou pisón) é unha máquina que funciona coa enerxía hidráulica e que se usaba para mazar os tecidos de la. Foron moi empregadas en Galicia, e a maior parte estiveron en funcionamento ata finais do século XIX.