Rutas - Ríos-Humidais

Ruta río Coura

Uns 40 kme coche combinados con pequeñas camiñadas



O río Coura é un afluente do Miño, o derradeiro pola súa marxe esquerda, que drena territorio portugués nos concellos de Paredes de Coura, Vila Nova de Cerveira e Caminha. Nace na “Paissagem Protegida Serra de Corno de Bico” e despois de percorrer uns 50 km de curso revirado por terreo rochoso ábrese na desembocadura nun amplo esteiro, ao pé da vila de Caminha, moi preto da chegada ao mar do río Miño.

É un río ao que paga a pena achegarse porque e doado seguir o seu percorrido en coche xa que a estrada que vai de Caminha a Paredes de Coura discorre polo seu val e a non moita distancia da súa canle, aínda que non hai moitos puntos onde sexa fácil achegarse á auga pola falta de espazos nos que deterse e a pendente do releve, mais atoparemos no traxecto varios puntos de interese nos que é obrigada unha parada. 

 



Documentos:

  Referencia 1198
 

Color:

Elige una talla:
¡Selecciona una talla!
Vídeos de este producto:



   

También te puede interesar: