Ruta polas fervenzas do Barbanza
Ríos do Barbanza e as súas fervenzas
Os cumes achairados do Barbanza recollen moita auga que baixa en numerosos regueiros e pequenos ríos polas empinadas ladeiras rochosas ata caeren ao mar. Nelas excavan profundos vales e canóns e forman rápidos, pozas e fervenzas que presentan o seu mellor aspecto durante a tempada de chuvias.
-Fervenzas de Ribasieira ou da Madalena, no río Sieira, na parroquia de Ribasieira (Porto do Son).
-Fervenza de Portas ou San Amedio, no río de Portas ou Arlés, na parroquia de Oleiros (Ribeira).
-Fervenzas dos ríos Pedras e Barbanza, nos ríos Pedras (Barbanza) e Folgoso ou San Xoán, na parroquia de Lesón (A Pobra do Caramiñal).
-Fervenza de Cubelos ou Cadarnoxo, no río Graña, afluente do Coroño, en Cadarnoxo, na parroquia de Cures (Boiro). -Fervenza de Fruíme, no río Beluso ou da Escabia, en Fruíme (Lousame).
-Fervenza do Bastón, no río Treito, afluente doTe, na parroquia de Araño (Rianxo).