Ruta pola Devesa de Nimo
Curso baixo do Tambre.
A Devesa de Nimo atópase na marxe esquerda do río Tambre, entre a central eléctrica e o concello de Brión.
É un bosque atlántico ben conservado. O Río Tambre corre nesta zona encaixado nun canón de paredes graníticas no que hai rápidos e pozas e ao que caen pequenas fervenzas.