Ruta da auga: o Umia en Caldas
Río Umia en Caldas de Reis
Unha ruta que sae da carballeira de Caldas de Reis e segue o curso do río Umia ata a ponte romana. No camiño atópanse numerosos muíños convertidos en vivendas, unha pontella, a antiga fábrica da luz e a fervenza de Segade de Arriba, ademais de numerosos lugares onde o xogo da auga e a pedra forma fermosos recunchos.
Pódese completar a ruta cun paseo pola vila de Caldas de Reis para coñecer as fontes termais que lle dan nome e visitar o parque e a carballeira.