Ruta Río Vilameá
Curso baix do río Vilameá
Unha pequena ruta circular que segue o curso do Río Vilameá na que podemos ver varios muíños restaurados hai anos.
O río Vilameá é un afluente do río Caldo (tributario do Limia) que nace nos cumes do Xurés (Pico do Sobreiro). En todo o seu percorrido abondan os saltos, laxes escorregadoiras e pozas nas que se poden tomar refrescantes baños no verán.
Esta ruta combina o atractivo da natureza e a etnografía co lecer de tomar o sol e bañarse nas pozas de augas transparentes.