Ruta Portela do Homen-Os Carrís
Unha ruta a pé en terreos do Parque Nacional Peneda-Gerês en Portugal
Unha ruta que discorre por terreos do parque Nacional Peneda-Gerês de Portugal remontando o curso do río Homen (afluente do Cávado) ata os cumes da serra.
De gran interese xeolóxico, paisaxístico e biolóxico. Poderemos gozar de espectaculares vistas do val glaciar do río Homen e dos cumes da serra do Xurés-Gerês, apreciar as distintas formas de erosión glaciar e fluvial, unha gran variedade de formacións rochosas e especies animais e vexetais propias da zona.
Completamos a visita con aspectos etnográficos (chivanas de pastores) e históricos (mina de volframio dos Carrís).