Ruta: río Rato (Lugo)
Unha camiñada pola beira do río Rato
Unha ruta polas Terras do Miño. Un paseo doméstico a carón dun pequeno río domesticado, pero non exento de encanto, con fermosos recantos e multitude de detalles naturais e construídos que o converten nun lugar agradable para un longo paseo, uns sete quilómetros ida e volta, acolledor e con encanto.