Unha camiñada seguindo o Miño polo concello de Ourense
Ruta urbana e periurbana, duns 13 km de percorrido, ben acondicionada e de doado camiñar, sen desniveis, versátil, con multitude de accesos que posibilitan o facela enteira ou por partes.
Podemos ver e visitar as pontes do Ribeiriño, do Milenio, a ponte Vella, a pasarela do centro comercial, a ponte Nova, a ponte do tren, a ponte do río Loña e a pasarela á praia de Oira; coñecer e gozar das distintas áreas termais: A Chavasqueira, O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz; ou os muíños ou aceas de río.
Color: