Rutas - Ríos-Humidais

Ruta: fervenzas do río Conso

Río Conso



Percorrido por varias fervenzas no Conso e os seus afluentes, en Vilariño de Conso Unha ruta em coche con pequenas camiñadas. Pode facerse desde Vilariño de Conso ou desde A Gudiña, achegándose ao encoro das Portas e seguindo o río ata Pradoalvar.

O río Conso, chamado Cerveira na súa cabeceira, nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre os Montes do Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña e xúntase co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e Vilariño de Conso. No primeiro tramo do seu curso salva un gran desnivel e recibe numerosos regos que caen da gran altura dos montes do Invernadeiro formando fermosas fervenzas:

-Corgo do Reboredo-Gorbias, en Entrecinsa, na parroquia de Sabuguido (Vilariño de Conso).

-Corga da Louseira, en San Mamede de Edradas (Vilariño de Conso).

-Corga de Suafraga, en San Mamede de Edradas (Vilariño de Conso), preto das casas.

-Corga do Val do Cenza, en Pradoalvar (Vilariño de Conso)

-Pradoalvar, no río Cerveira ou Conso, despois de pasada a localidade. 




  Referencia 1055
 

Color:

Elige una talla:
¡Selecciona una talla!
Vídeos de este producto:



   

También te puede interesar: