Ruta: fervenzas do concello de Xove
Fervanzas Pozo da Ferida e Turrillón.
Unha pequena ruta no concello de Xove para visitar dúas fervenzas: Torrillón, na parroquia de Rigueira, no rego da Vella, afluente do río Rigueira, e Pozo da Ferida, no río Loureiro, afluente do Landro, na parroquia de Monte (Xove), lindando con Valcarría (Viveiro). Pódese facer desde Xove, pola estrada que vai a Rigueira e O Monte e volve a Viveiro por Valcarría e Chavín; ou desde Viveiro pola estrada que vai a Chavín e Valcarría.