Ruta: fervenzas do Oitavén
Canón do Oitavén en Aranza
Un percorrido a pé pola beira do río Oitavén en Aranza (Soutomaior). O río forma un profundo canón en rochas graníticas onde se suceden pozas, rápidos e pequenos saltos. No inverno podemos velos con moita auga e no verán percorrer o río entre pozas nas que nos podemos dar un baño.