Ruta: fervenzas de Poio
Fervenzas do Pereiro e Rego dos Mouros
Dúas pequenas rutas para coñecer varias fervenzas no concello de Poio. Poderíase completar con outras rutas sinalizadas polo concello: a dos Muíños, en Samieira (10 km) e a dos Muíños da Freixa en Campelo.
-Pereiro, no rego do Pereiro que nace nos montes do Castrove e desemboca na enseada de Campelo.
-Rego dos Mouros, un río de percorrido curto e con gran desnivel que baixa do Castrove.