Ruta: fervenzas de Pedrafigueira (Carnota)
Fervenzas das Fontes, no rego de Pedrafigueira
Unha pequena ruta no concello de Carnota, no lugar de Pedrafigueira. O río Pedrafigueira que desemboca na praia de Carnota descende entre rochas de granito rosa e forma varios saltos e rápidos coñecidos co nome das Fontes. O salto máis grande ten uns 10 m de altura.
A vexetación é de bosque de ribeira con loureiros.