Ruta: fervenzas da Rexedoira (Río Mendo)
Fervenzas no río Mendo.
Unha pequena ruta na parroquia de Filgueira de Barranca, no concello de Cesuras, para coñecer as fervenzas do río Mendo, o principal afluente do Mandeo que nace en Foxado (Curtis), entre o coto da Carriceira e o monte da Graña.
O río ten un tramo con rápidos e varias fervenzas en xistos e lousas. A máis grande mide arredor de 8 m de altura encaixada entra rochas.