Ruta: fervenza do Marraxón-Belelle
Fervenzas no Belelle
Unha pequena ruta para coñecer unha das fervenzas máis espectaculares de Galicia, no río Belelle no linde entre as parroquias de Viladonelle (Neda) e Sillobre (Fene).
O río Belelle nace no Forgoseo e desemboca na Ría de Ferrol. Nesta zona salta un desnivel de rochas graníticas duns 45 m de altura. Nos arredores hai unha interesante fraga con especies de ribeira, erbedos, carballos, loureiros, pereiras bravas… Na ruta pódense ver tamén varios muíños.