Ruta: fervenza do Casteligo
Río Casteligo ou Dorelle
Na parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa. O río Casteligo, afluente do Navea encáixase nun pequeno canón con pozas e rápidos e pouco antes de desembocar no Navea forma unha fermosa fervenza entre rochas graníticas. Está rodeada de bidueiros, amieiras, salgueiros e rebolos.