Ruta: fervenza de Xubín
Fervenza de Xubín, en Cenlle.
No lugar de Xubín da parroquia de Razamonde (concello de Cenlle). O rego de Xubín, Lavandeira ou da Freixa é un afluente do Miño que nace en Salamonde (San Amaro), percorre este concello e entra en Cenlle onde se xunta co Miño. No tramo final cae desde o planalto e forma rápidos, pozas e fervenzas.