Ruta: fervenza de Santo Estevo do Ermo (Barreiros)
Santo Estevo do Ermo (Masma)
O rego de San Estevo é un afluente do Masma que nace nos montes da Ínsua e ten un curso con moito desnivel con varios saltos e rápidos en lousas. O máis interesante atópase preto da capela de Santo Estevo e cae de 10 m de altura, nun entorno natural de gran riqueza biolóxica.