Ruta: fervenza de Portociños (Tordoia)
Fervenza de Portociños
Unha pequena ruta na parroquia de Gorgullos (concello de Tordoia) para visitar o río Viladabade, da Férveda ou Bustelo, afluente do Lengüelle, que á súa vez vai ao Tambre. A fervenza salva un desnivel de 10 m en tres saltos entre grandes penedos de granito. Nos arredores hai varios muíños e augas arriba a acea de Estevo que aínda funciona.