Ruta: Salto do Cenza (Vilariño de Conso)
Salto do Cenza
Na parroquia de Castiñeiras do concello de Vilariño de Conso. O río da Cenza nace na Serra da Queixa e á altura de Castiñeiras salva un desnivel en rochas graníticas de máis de 100 m de altura (é a fervenza máis alta de Galicia). Antes do salto o río forma un pequeno canón con varios saltos máis pequenos, pozas e rápidos.