Unha camiñada polas beiras do Umia
O río Umia e os seus afluentes teñen numerosas paraxes polas que facer unha camiñada, visitar fervenzas e muíños e entrar en contacto coa natureza. Nesta ocasión imos falar dunha ruta sen moitas dificultades que discorre polos concellos de Ribadumia e Cambados e que foi acondicionada pola Escola Obradoiro. O percorrido é doado e discorre entre árbores e outras plantas de ribeira e cultivos na marxe do río. En Cabanelas hai un muíño, agora moi transformado, e en Pontearnelas unha antiga ponte moi alterada pola construción da estrada.
Color: