Ruta: Río Tea, Cernadela-Tatín
Ríoo Tea en terras de Mondariz
Unha ruta circular nun tramo do río Tea en terras de Mondariz. Para gozar da paisaxe, da natureza, da arte (ponte medieval de Cernadela) e a etnografía (pasais, muíños, e presas), nun tramo no que o río forma remasos de augas craras onde podemos atopar numerosos paxaros, anfibios e insectos. A ruta podería continuarse ata a praia fluvial do Val en Mondariz onde hai paneis sinalizados e unha área recreativa.