Ruta: Río Lor (O Courel)
De Ferreirós de Abaixo a Folgoso do Courel
Unha camiñada polo val do Lor que corre encaixado entre a serra do Courel e os montes de Lóuzara. Un pequeno tramo da etapa 3-4 da ruta do río Lor, que segue o río desde o nacemento ata desembocadura. Unha ruta de interese xeolóxico, botánico e etnográfico, que cambia moito segundo a época do ano pola grande diversidade de hábitats e especies e as variacións do caudal do río e os pequenos afluentes. Está incluída no LIC/ZEC Os Ancares-O Courel”.