Ruta: Río Abelleira (Carral)
Fervenzas do río Abelleira e Costa da Égoa.
No Rego de Abelleira, afluente do Barcés (Mero). En Hervés (Carral). O Rego de Abelleira ou do Batán ten un curto percorrido desde o monte San Bartolomeu ata xuntarse co Barcés. Na baixada da costa da Égoa salva un gran desnivel con rápidos e fervenzas nunha zona aproveitada por catorce muíños, unha pequena central hidroeléctrica e batáns convertidos nun ecomuseo.